16/01/13

Deixémonos de Dindirindainas (IV)

O grupo de teatro presenta os próximos días 25-26 de xaneiro a montaxe "Deixémonos de dindirindainas" e con esta xa van catro, na serie iniciada no nadal do 2009.
Este ano incorporáronse ao grupo novos compoñentes que inician, nalgún caso, os seus pasos no mundo teatral e nun terceiro caso, trae xa algunha experiencia de terras afastadas xeograficamente de nós pero nas que os galegos deixamos fonda pegada.
Monólogos e algunha que outra novidade con respecto a anos anteriores serán o eixo da representación que, coma sempre, esperamos sexa do voso agrado e sirva para botar unhas risas.
A sesión do venres 25 ás 12.45 h. está destinada para o alumnado de ESO do noso CPI , e a do sábado 26 ás cinco da tarde, será aberta para toda a comunidade educativa e poboación en xeral.
Cos nervios clásicos ante unha nova estrea esperámosvos.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario