28/01/13

Ábrese o prazo de inscrición para a obra de maio

Rematadas as representacións da cuarta edición de "Deixémonos de dindirindainas" cun tremendo éxito, iniciamos o proceso para a montaxe que nos ocupará de aquí ata o mes de maio.
Se estades interesados ou interesadas en coñecer por dentro o grupo de teatro "Algo máis que pan e queixo" só tes que apuntarte antes do próximo venres.
Como?
Fala con calquera dos membros do grupo, que ben coñeces, e dilles que queres unirte ao grupo.
Despois xa che explicamos como vai a cousa.
Anímate porque non hai moitos sitios onde podas desenvolver esta actividade.
Se che gustou a montaxe "Deixémonos de dindirindainas" e tes ves con forzas para asumir un pequeno ou gran papel-- haberá de todo-- este é o teu sitio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario